Emporia prepara un smartphone para os maiores
venres, 28 de febreiro do 2014
Entre os dispositivos que os últimos días no Mobile World
Congress podemos destacar un interesante teléfono, o EmporiaSmart,
que leva a habitual proposta de Emporia de comercializar dispositivos pensando
nas persoais maiores ao mundo dos smartphones, para o que adaptan o software
dun terminal simplificando o seu uso e amosando unha interface con elementos de
grande tamaño para poder velos claramente.
O EmporiaSmart é un smartphone con pantalla de 4,5 polgadas (cunha resolución de 940 x 560 píxeles), Android 4.3,
cámara traseira de 5 Mpíxeles, cámara frontal para videochamadas, batería de
2.600 e lapis táctil, que conta con conectividade Wi-Fi e 3G, saída de
televisión, compatibilidade con audiófonos e incluso cargador cun conector
especial para asegurar que o cabezal microUSB introdúcese correctamente no
móbil. Tamén destaca por contar cun sistema de emerxencia cun total de 5
contactos, de xeito que o teléfono non parará de chamar ata que un deles
responda.
O novo smartphone de Emporia chegará ao mercado despois do verán a un prezo
duns 200 euros.