empresas
SIVSA e Coremain participan nunha expedición innovadora a Polonia
Polonia, ao abeiro do Cumio Rexional e de Diplomacia Económica Europea, está a recibir esta semana a visita dun grupo de empresas galegas innovadoras: unha Learning Expedition (LEX) ao devandito país organizada polo Clúster da Saúde da Galicia. Na estadía polaca están a participar empresas relevantes do noso sector tecnolóxico máis punteiro, como SIVSA e (...)
Ler máisVitae convértenos en expertos en probas de aplicacións botando man de Cypress
Vitae Consultores, a través da súa aula virtual, ofrece este verán acabado de chegar (os días 6, 8, 13 e 15 de xullo) o Curso Testing e2e avanzado con Cypress, de doce horas de formación. Trátase dunha actividade formativa que nos pon ao alcance da man importantes mecanismos para axilizar as nosas tarefas de desenvolvemento (...)
Ler máisTelevés mostrará en Anga Com Digital 2021 os seus últimos avances en hospitality
A edición 2021 do evento tecnolóxico internacional Anga Com levarase a cabo en formato totalmente virtual entre os días 8 ao 10 de xuño, reunindo unha axenda con máis de 180 relatores e 40 paneis. Entre as empresas máis sobranceiras que presentarán as súas últimas novidades atópase a galega Telvés, que centrará a súa presenza este ano no sector da hostalaría. (...)
Ler máisVitae bríndanos unha nova oportunidade de asistir ao seu curso de introdución á ciberseguridade no posto de traballo
Para sermos bos profesionais das novas tecnoloxías ou de calquera outro ámbito de traballo, non abonda, hoxe en día, con desenvolver axeitadamente o labor propiamente dito que nos foi encomendado. Cómpre acompañar todas as tarefas cotiás de medidas que garantan a seguridade e a protección das informacións e as comunicacións que nos atinxan e atinxan aos demais, (...)
Ler máisAltia e Gradiant recuncan no Foro Tecnolóxico de Emprego
Estes días, até mañá, celébrase na Universidade de Vigo, de man do alumnado das súas escolas de enxeñaría, a edición dezanove do seu Foro Tecnolóxico de Emprego, unha cita referencial para fixar contactos entre as empresas da nosa contorna e a canteira galega de vindeiros profesionais. A cita desenvólvese en Minas, Industrias e Telecomunicación, e inclúe no seu (...)
Ler máisVodafone botará man de algoritmos para evitar chamadas caídas e aumentar velocidades de descarga
Vodafone vén de dar importantes pasos en materia de Intelixencia Artificial para os seus servizos de telecomunicación e, en última instancia, mellorar a experiencia dos usuarios con melloras smart como, por exemplo, incrementar a velocidade de descarga a través dunha mellor xestión do tráfico. Este tipo de actualizacións, posíbeis grazas a tecnoloxías como o (...)
Ler máisJavier Garzás e Vitae achegan na Coruña un curso sobre axilidade avanzada
Vitae Consultores vai organizar este verán un curso especializado e intensivo para que os nosos profesionais formados en modelos áxiles poidan seguir dando pasos no camiño da máxima excelencia e capacitación. Estamos a falar do Curso Axilidade Avanzada, impartido por Javier Garzás. Serán oito horas de formación coa posibilidade de obter a Certificación Scrum (...)
Ler máisVitae Consultores chega aos 21.000 profesionais formados
A consultora galega Vitae vén de facer balance da súa actividade formadora nas máis avanzadas tecnoloxías, recursos e metodoloxías para axudar aos nosos profesionais e empresas a ser máis competitivos, rendíbeis, innovadores, eficaces e eficientes, unha actividade (con cursos e obradoiros para profesionais e de formato interno para as empresas) que comezou xa (...)
Ler máisAltia estrea nova oficina en Madrid
Altia, referencial empresa galega da consultoría informática e as solucións TIC, estreou este 25 de marzo nova oficina en Madrid. Coas novas dependencias da capital do Estado, a firma con sede principal en Oleiros comezou, nas súas palabras, “unha andaina apaixonante” e fortaleceu aínda máis a súa capacidade para “afrontar as oportunidades e retos do futuro con (...)
Ler máisEGATEL anuncia un innovador sistema de comunicacións por satélite
Durante a visita ás instalacións en Ourense de EGATEL do conselleiro de Economía (visita da que falamos os días pasados dende Código Cero), Francisco Conde, a compañía tecnolóxica galega fixo unha serie de anuncios importantes sobre a súa actividade vindeira. Entre outras cousas, deu a coñecer que está a desenvolver os últimos detalles dun sistema de comunicacións (...)
Ler máis0 | ... | 500 | 510 | 520 | 530 | 540 | 550 | 560 | 570 | 580 | ... | 680