En agosto podería saír o Meizu M9 con Android 2.1

luns, 10 de maio do 2010 Marcus Fernández

JPEG - 50.2 KB
Render do que podería ser o Meizu M9

Meizu, un dos fabricantes chineses de produtos de electrónica de consumo (entre os que estaba un popular clon do iPod) anuncia que prepara o seu Meizu M9, que será un móbil de 59,5 x 113 x 11 milímetros, con pantalla de 3,6 polgadas cunha resolución de 720 x 480 píxeles, procesador a 1 GHz, 512 Mb de RAM e de ROM, cámara de 5 Mpíxeles, Bluetooth, Wi-Fi, GPS, lector de tarxetas de memoria saída de televisión (HDMI 1.3) e sistema operativo 2.1, que podería chegar á venda por 255 euros no mes de agosto, aínda que non apareceu ningún prototipo do mesmo en ningunha das feiras tecnolóxicas dos últimos meses, polo que haberá que agardar uns meses para saber se estamos ante un caso máis de vaporware.

PUBLICIDADE