Energy Sistem lanza un reprodutor musical destinado a bicicletas

luns, 4 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Pensando nos afeccionados a andar en bicicleta que queren escoitar música durante os seus desprazamentos, Energy Sistem incorpora ou seu catálogo o reprodutor Energy Bike Music Box Black&Green, que permite escoitar música en formato MP3 ou WMA a través do seu potente altofalante (ou de auriculares), conta con receptor de radio FM (con 20 presintonías) e incluso pode facer de lanterna LED.
Este reprodutor funciona con batería de litio (cunha capacidade de 500 mAh, que debería subministrar unha autonomía de ata 8 horas) e os seus contidos achégaos a través de tarxetas de memoria microSD de ata 32 Gb. Só pesa 87 gramos e inclúe un soporte de fixación para o guiador da bicicleta. O seu prezo é de só 24,90 euros.

O reprodutor pode conectarse comodamente no guiador dunha bicicleta
Os contidos cárganse no reprodutor a través de tarxetas microSD

PUBLICIDADE