Energy Sistem levará Android ao televisor
martes, 14 de agosto do 2012
Utilizar dispositivos con Android 4.0 para dotar de intelixencia aos televisores de alta
definición que non poden presumir de seren Smart
TV é unha tendencia que parece imparable, e o xeito de seguila de Energy
Sistem concretarase o vindeiro dÃa 27 no Energy
Android Smart TV Box, un reprodutor multimedia conectado, que integra
sintonizador de TDT de alta definición, de xeito que serve tanto para executar
aplicacións para Android como para reproducir contidos multimedia e ver e
gravar da TDT.
Este pequeno dispositivo (de 13 x 13 x 3 centÃmetros) pode conectarse ao
televisor mediante HDMI ou vÃdeo
composto; corre o sistema operativo Android 4.0 grazas ao seu procesador ARM
Cortex A9 e a 512 Mbytes de RAM; ten
un almacenamento interno de 4 Gb ampliables mediante tarxetas SD de ata 64 Gb,
conectividade Wi-Fi N e Ethernet e dispón de 3 portos USB para poder
conectarlle rato, teclado, webcam ou unidades de almacenamento externas, de
xeito que podemos empregar o televisor coma se fose un ordenador de verdade. Tamén
inclúe un mando a distancia, para que non sexa preciso o uso de accesorios
informáticos para poder tirar proveito deste interesante trebello.
O Energy Android Smart TV Box é compatible con unidades de disco con formato
FAT, FAT32 e NTFS e pode reproducir os formatos multimedia máis populares ata
resolucións de 1.080p. O seu prezo de venda será de 89,90 euros.
- O Energy Android Smart TV Box achega Android 4.0 aos televisores