Engadget amosa o que poderÃa ser o sucesor do Nexus One
xoves, 11 de novembro do 2010
Durante as
últimas horas o blog tecnolóxico Engadget resucitou os rumores sobre o móbil
que tomarÃa o relevo do Nexus One coma terminal de referencia para o
desenvolvemento de Android por parte de Google publicando unha
galerÃa de imaxes tomadas hai cousa dun mes que amosarÃan un terminal fabricado
por Samsung e poderÃa coñecerse coma Nexus S, aÃnda que cómpre destacar que nin
Google nin Samsung confirmaron tal información (e incluso hai
quen sospeita que o logotipo de Google presente no móbil é un retoque
fotográfico).
O novo terminal poderÃa saÃr da man de T-Mobile o vindeiro dÃa 24, e serÃa un
móbil moi semellante ao popular Samsung Galaxy S (que vén de superar os 7
millóns de unidades vendidas) respondendo ao nome de modelo GT-i9020 e
funcionado con Android 2.3.
Nun poucos dÃas poderemos saÃr de dúbidas, aÃnda que o feito de que estas
informacións estean a reiterarse dende fontes distintas dálles bastante
credibilidade, polo que parece evidente que o Nexus One terán un sucesor que
non estará fabricado por HTC.