Artigos desta sección
Nacho Armesto: “A automatización industrial non elimina postos de traballo, máis ben o contrario”
A tecnoloxía non está só aí para gabármonos perante os amigos de estar á última. Segundo nos conta o profesor Nacho Armesto dende a Universidade de Vigo, a tecnoloxía no eido industrial leva anos contribuíndo a liberar aos traballadores de ter que levar a cabo as tarefas máis desagradables e perigosas. E isto, sostén, desmentindo a lenda de que a máis sistemas (...)
Ler máis“O despregue da televisión dixital supón un esforzo económico, técnico e loxístico de enormes proporcións”
O despregue da Televisión Dixital Terrestre (TDT) é un labor ben complicado. A fin de contas, Galiza é como é, e semella ter sido formada a contrapelo de calquera iniciativa de comunicación a distancia: paisaxe accidentada, montes, feitura de costa arriba. Por se iso fose pouco, hai séculos que decidimos vivir de xeito disperso, repartíndonos unha boa parte (...)
Ler máis“O blog é unha ferramenta multiuso para a pedagoxía”
Os blogs, no senso máis técnico do nome, seguen en boca de todos e nada hai que indique que lles vai pasar coma a outros experimentos tecnolóxicos que quedaron polo camiño. Ademais, as súas posibilidades aínda están por explorar. Cada certo tempo descóbrese unha nova función: primeiro foi a de dar renda solta á creatividade da xente e dialogar sen límite, logo (...)
Ler máis“As administracións deben traballar para ofrecer os contidos baixo licenzas abertas co fin de garantir o acceso á información e á cultura” (Oriol Ferrán)
Foi Secretario de Telecomunicacións e Sociedade da Información do Departamento de Universidades, Investigación e Sociedade da Información da Generalitat de Cataluña e un dos promotores do software libre nas institucións públicas. Ferrán celebrou con Elena Veiguela (directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información), unha reunión na que se (...)
Ler máis“Con este ciclo tendemos máis pontes de colaboración entre a comunidade universitaria e a empresarial” (Ignacio Armesto)
O eido universitario entendido como unha comunidade e a rede empresarial galega son en ocasións coma dous casas distintas nun mesmo barrio onde os veciños raramente van alén de darse un saúdo de cortesía. Esta situación, por desgraza, é como unha rede de comunicacións que non se dá reparado. Amañala na medida do posible, sobre todo no eido da enxeñería e da (...)
Ler máis“Internet non é unha ameaza, senón todo o contrario” (Ánxela Bugallo)
En definitiva: a Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, gústalle Internet. Emprega a Rede a cotío como ferramenta de traballo para documentarse e considera que, lonxe de constituír unha ameaza, permite validar a nosa lingua como algo “vivo e vizoso”. En Código tivemos oportunidade de sometela a unha enquisa que (que lle imos facer!) non parou de dar voltas (...)
Ler máisEntrevistamos a María Cruz Lorenzo, responsable de Arume, empresa galega recoñecida nos Premios TAW de accesibilidade
A empresa galega Arume Desenvolvementos Informáticos está entre os premiados na segunda convocatoria dos Premios TAW (Test de Accesibilidade Web), galardóns nos que concorreron 144 participantes de toda España e que recoñecen o traballo feito por institucións e entidades privadas a prol de diminuír ou -a poder ser- eliminar os atrancos que teñen no camiño as (...)
Ler máisÁbrete de orellas (reunímonos co equipo de Escoitar.org)
O equipo de Escoitar, traballando Galiza é voz, lingua, relatos que as avoas contan ós nenos, pinga de auga nunha fonte, palabras das que nunca escoitaches falar porque nunca antes apareceron nos libros, son da fervenza. Facer un futuro para Galiza non só é crear industria senón tamén evitar que se perdan, por exemplo, os vinte termos que designan os (...)
Ler máis