Epson lanza unha nova gama de impresoras portátiles no Xapón

mércores, 4 de outubro do 2006 Marcus Fernández

A división nipona de Epson, en colaboración coa empresa de deseño Industrial Facility, desenvolveu unha nova familia de impresoras portátiles, as Epson Colorio, que cos seus modelos E-300, E-500 e E-700 estrean un aspecto realmente innovador, pois ten forma de caixa e inclúe unha asa para facilitar o seu transporte. Tamén inclúen unha pantalla de entre 2 e 2,5 polgadas (segundo o modelo) que permite previsualizar as imaxes que se poidan cargar a través de tarxetas de memoria, infravermellos ou Bluetooth, de xeito que fai doada a impresión de imaxes tomadas dende unha cámara dixital ou mesmo co móbil, o que agradecerán moitos usuarios.
Polo momento estas impresoras só estarán á venda no Xapón, pero de funcionar ben comercialmente xa poderemos ver a xente por todo o mundo levando a súa impresora dun lado para outro.

PUBLICIDADE