Ericsson e Intel colaboran nun sistema anti-roubo para portátiles
xoves, 11 de decembro do 2008Para protexer os
ordenadores portátiles Ericsson anunciou que grazas á súa colaboración con
Intel van permitir a incorporación a ordenadores portátiles dun sistema
anti-roubo que tanto protexe os contidos do equipo como facilita a
súa localización en caso de desaparición.
Deste xeito, Ericsson achega os seus módulos de banda larga móbil e os seus
receptores de GPS mentres o fabricante de procesadores achega a súa tecnoloxÃa
Intel Anti-Theft PC Protection, que bloquea o ordenador en certas condicións (coma
ante numerosos fallos de introdución do contrasinal axeitado) ou mediante desactivación
remota (valéndose da tarxeta de banda larga móbil para recibir a
mensaxe SMS que bloquea o equipo). Amais, de contar con GPS o propio equipo
poderÃa responder coa súa localización actual, facilitando a súa recuperación.
Esta tecnoloxÃa entrará en fase comercial na segunda metade de 2009.