Este xoves preséntase na Coruña un libro sobre o director de Dark Souls

luns, 26 de agosto do 2019 Marcus Fernández

Adrián Suárez, coordinador do mestrado en creación de videoxogos EBF Coruña, doutor pola Universidade da Coruña en narrativa de videoxogos coa tese A narración das interaccións e coautor do libro Sobre Mario: de fontanero a leyenda 1981-1996, presentará o vindeiro xoves o seu último libro, El padre de las almas oscuras: Hidetaka Miyazaki a través de su obra, no que repasa a vida e obra do autor xaponés de videoxogos dende os primeiros Armored Core até Sekiro: Shadows Die Twice.
O libro tamén recolle a triloxía de Dark Souls, conéctaa con Demon’s Souls, Déraciné e Sekiro, e afonda no xeito de contar historias de Hidetaka Miyazaki, así como a súa evolución dende os xogos de robots xigantes até os títulos de ninjas con brazos mecánicos.
A presentación realizarase ás 20:00 horas na Libraría Arenas da Coruña, sendo o acceso á presentación de balde até completar aforo, e contando o autor coa compañía de Adrián Prado, artista conceptual do xogo de mesa baseado en Bloodborne (xogo para PlayStation 4 dirixido por Miyazaki).

Na presentación estará presente Adrián Prado, artista conceptual do xogo baseado en Bloodborne

PUBLICIDADE