Evolveo Strongphone Q4, un novo smartphone resistente con Android 4.2

luns, 18 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Evolveo está a buscar achegar os seus dispositivos ao mercado europeo, entre os que destaca o seu resistente smartphone Evolveo Strongphone Q4, que soporta o estándar IP67 (aguanta ata 30 minutos somerxido na auga a 1 metro de profundidade), pode funcionar con 2 tarxetas SIM simultaneamente e ten unha pantalla IPS de 4 polgadas con Gorilla glass e unha resolución de 854 x 480 píxeles.
Este smartphone con Android 4.2 non só é resistente, senón que vén cunhas prestacións bastante altas para un dispositivo desta gama, cun procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de ata 32 Gb), cámaras de 8 (con flash LED que pode facer de lanterna) e 1,3 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, radio FM e unha xenerosa batería de 2.800 mAh, o que está bastante ben para un produto que véndese por 230 euros + IVE. Ao estarmos ante un móbil que tamén é resistente a golpes e vibracións, cómpre destacar que en un grosor bastante avultado (17 milímetros) e un peso considerable (240 gramos).

O novo smartphone goza de prestacións propias dun terminal de gama media pese a estarmos ante un dispositivo reforzado para soportar auga e golpes

PUBLICIDADE