Facebook anunciou numerosas novidades na primeira xornada da conferencia F8
martes, 30 de abril do 2019
Hoxe botou a andar o encontro para desenvolvedores de
Facebook, F8 2019, no que máis de 5.000
desenvolvedores de todo o mundo xuntáronse
para coñecer o futuro das tecnoloxÃas que rodean a Facebook, Instagram,
WhatsApp, Messenger e Oculus.
No que respecta ao Messenger, ferramenta de mensaxerÃa instantánea moi popular
en mercados como o norteamericano, prometen que a aplicación actualizarase para
gañar en velocidade, á vez que tamén incluirá a posibilidade de descubrir e ver
vÃdeos de Facebook en tempo real cos amigos. Tamén mellorarán os xeitos de conectar
cos amigos máis próximos nos casos dos particulares, e cos clientes no caso das
empresas.
O que si foi bastante aplaudido é que o Messenger estreará aplicación
para Windows e macOS, de xeito que as prestacións que normalmente temos no
móbil (como chamadas de vÃdeo en grupo) poderemos telas no escritorio de xeito
nativo.
Un detalle curioso que anunciaron para WhatsApp é que no caso dos negocios
poderemos consultar agora tamén o seu catálogo, deixando claro que as aplicacións
da compañÃa de Mark Zuckerberg queren ter cada vez máis peso nos distintos
eidos do comercio electrónico.
Pero a sorpresa máis grande da xornada foi ver o novo deseño de Facebook,
chamado FB5, que busca ser máis sinxelo, áxil e inmersivo, e que irá
espallándose paulatinamente dicindo adeus á grande barra azul que caracterizou
a Facebook durante toda a súa historia.
O novo deseño é consciente dos cambios de hábitos dos usuarios, que cada vez
fan un uso máis privado da comunicación, e por iso potenciarán o uso de grupos,
facendo que sexan máis doados de descubrir e empregar, e incorporando numerosas
caracterÃsticas dirixidas a comunidades especÃficas (como xogadores, vendedores
ou buscadores de emprego).
O servizo de Facebook Dating tamén chegará a máis paÃses, e incorporará unha
novidade moi importante, Secret Crush, que permitirá aos usuarios elixir até 9
persoas coas que poden ter interese en manter unha relación e, de ser o
interese recÃproco, facilitarase a conexión.
Aparte da busca de intereses sentimentais, Facebook tamén facilitará a busca de
novos amigos, de xeito que poderemos localizar a persoas coas que compartimos
comunidades como centro de estudos, lugar de traballo ou cidade, asà como
participación en grupos, o que pode axudar a atopar persoas con afinidades coas
que poderiamos iniciar unha amizade.
O servizo de Marketplace tamén
evolucionará nos EE.UU., de xeito que xa non se limitará a ser un taboleiro de
anuncios, senón que tamén servirá para a realización dos pagamentos, mellorando
asà a seguridade das operacións de compra-venda.
Os eventos de Facebook tamén gañarán no verán unha pestana de seu, para
facilitar que vexamos o que acontece ao noso redor, recibir recomendacións,
descubrir negocios locais e coordinarse cos amigos para facer plans xuntos.
Instagram continúa avanzando
No caso de Instagram, as novidades foron moi na liña dos
cambios que veñen experimentándose nos últimos meses, como é a posibilidade de
mercar produtos dentro da aplicación de Instagram directamente a través das
publicacións de creadores, o que están a probar cunha nutrida selección de
creadores, que poderán vender directamente produtos das marcas que estean
dentro do programa de probas para que creadores poidan etiquetar os seus
produtos (podendo conseguir tamén estatÃsticas das publicacións nas que se
vendan os seus produtos).
Instagram tamén estrea nos EE.UU. un adhesivo para as historias a través do que
será posible recadar fondos para iniciativas solidarias.
E como grande novidade de Instagram estarÃa unha nova e mellorada cámara, que
incluirá un novo de creación na que será posible realizar historias sen partir
dunha fotografÃa ou vÃdeo.
Portal segue vivo
Tamén anunciaron que o Portal e o Portal+ chegarán a Europa no outono, de xeito que esta pantalla orientada á videoconferencia poderá empregar non só para comunicacións a través de Facebook e Messenger, senón tamén a través de WhatsApp. Estes produtos considerados un rotundo fracaso comercial buscarán mellorar incorporando funcionalidades de Alexa e a aplicación de Amazon Prime Video.
Realidade virtual máis accesible
Dado que Oculus tamén forma parte de Facebook, o encontro de hoxe aproveitouse para anunciar a apertura das reservas dos cascos de realidade virtual Oculus Quest e Oculus Rift S, que partirán ambos dun prezo de 449 euros, sendo Oculus Quest a primeira grande solución de realidade virtual completa (con 6 graos de liberdade e mando para ambas mans) en funcionar sen PC, mentres que Oculus Rift S busca ser unha solución para PC económica e sinxela. Estes produtos chegarán ao mercado o 21 de maio.