FiLIP 2, un novo teléfono con forma de reloxo para os cativos
venres, 7 de novembro do 2014
Os smartwatches
son os accesorios electrónicos de moda e, aÃnda que o normal é asocialo a un
uso por parte de deportistas ou profesionais, os máis pequenos da casa tamén
parecen estar a demandalos, ou iso entenden dende FiLIP, compañÃa
norteamericana que está a comercializar o seu novo FiLIP 2, un reloxo de 80 x 53
x 47 milÃmetros e 58 gramos de peso, que conta cunha pantalla de 1,8 polgadas
cunha resolución de 128 x 128 pÃxeles, GPS, Wi-Fi, GSM/3G (funciona cunha
tarxeta SIM) e baterÃa de 390 mAh (que achega unha autonomÃa de até 50 minutos
en conversa e 48 horas en espera) e carcasas de cores rechamantes (azul,
laranxa, rosa ou verde, que poden intercambiarse) e que, aÃnda que ten un prezo
recomendado de 149,99 dólares, o
operador AT&T véndeo por 99,99 dólares (80,29 euros).
Estamos ante un produto destinado a nenos de entre 4 e 11 anos que poidan
manter o contacto cos seus pais sen ter que cargar cun teléfono no peto, coa
vantaxe de que ao contar con GPS permite que os pais poidan localizar o seu cativo
en situacións de emerxencia (incluso é posible definir zonas de seguridade, de
xeito que alértase aos proxenitores no caso de que o rapaz entre ou saia das
zonas definidas). Este reloxo é realmente un teléfono móbil que pode realizar e
recibir chamadas de até 5 números predeterminados (conta cun botón para
chamadas de emerxencias que irá chamando aos contactos por orde de prioridade
até que algún conteste), para unha maior seguridade, á vez que tamén pode
recibir mensaxes de texto.
Para controlar estes reloxos FiLIP conta con aplicacións para Android e iOS que
permiten ver a localización do reloxo no mapa, administrar as zonas de
seguridade, xestionar os contactos e remitir mensaxes ao FiLIP 2.
- O móbil FiLIP 2 pode vestirse como se fose un reloxo normal