Filtran o deseño conceptual de móbiles de Nokia con Windows Phone 7

venres, 11 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Nas últimas semanas Engadget non para de achegar filtracións en primicia que rematan confirmándose, e tras o anuncio da alianza entre Microsoft e Nokia sorpréndennos co que parece ser o deseño conceptual dos primeiros móbiles con Windows Phone 7 que estaría a preparar Nokia.
Estariamos ante os que parecen ser uns terminais cun deseño a medio camiño entre os recentes Nokia N8 e C7 (que funcionan co sistema operativo Symbian) e preséntanse en cores bastante rechamantes.
A aparición destas imaxes viría a confirmar que o acordo entre Nokia e Microsoft non foi unha improvisación dos últimos días, senón que sería un achegamento entre as empresas que viría de meses atrás, de xeito que os primeiros móbiles de Nokia co sistema operativo de Microsoft poderían chegar antes do que pensamos.

PUBLICIDADE