Fíltranse á Rede detalles da nova cámara 3D doméstica de Panasonic
martes, 27 de xullo do 2010
Panasonic presentou o
ano pasado en Las Vegas o seu novo sistema
profesional para a produción audiovisual en 3D, pero esta tecnoloxía vai
achegarse ao mercado de consumo,k ou iso entendemos despois de que aparecese na
Rede a documentación que explica as características da cámara
de vídeo Panasonic SDT750, que contará cun sensor 3MOS de 7,59 Mpíxeles,
estabilizador de imaxe óptico, lente Leica Dicomar, modos de disparo
intelixentes, son 5.1, arranque rápido, pantalla táctil de 3 polgadas,
gravación en modo time lapse, modo de
disparo de alta velocidade (ata 50 fotogramas por segundo) e compatibilidade
con tarxetas SDXC, que grazas a un conversor frontal é capaz de obter 2 imaxes
independentes tomadas dende distintos ángulos,
o que logo serve
para recrear unha imaxe estereoscópica sempre que teñamos un televisor
Panasonic Viera compatible coas 3D.
Pese ao potencial desta cámara para a toma de gravacións e imaxes, o seu prezo
non parece que vaia ser desorbitado (fálase duns 1.900 euros), o que permitirá
a democratización das 3D, aínda que
non estea nada claro aínda se esta tecnoloxía van calar no mercado.
ACTUALIZACIÓN (28-7-2010): Panasonic presentou oficialmente a nova cámara e fixa o seu prezo en 1.399,95 dólares.