Fíltranse fotografías do tablet Nexus 10
venres, 26 de outubro do 2012
- Imaxe do Nexus 10 filtrada polo blog BriefMobile
Adiantándose
á presentación que Google ten programada para o vindeiro luns, un blog adiantou
fotografías do produto que parece que será o Nexus 10, tablet fabricado por Samsung que funcionará
con Android 4.2 (que comentan que podería continuar a chamarse Jelly Bean sen saltar ao alcume de Key Lime Pie) e que melloraría o
catálogo de tablets de Google, composto actualmente polo Nexus 7 con pantalla
de 7 polgadas e que tamén actualizaríase para incorporar a nova versión de
Android.
O Nexus 10 contaría cun procesador Exynos 5250 de dobre núcleo a 1,7 GHz, gráfica
ARM Mali-T604, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, NFC, cámaras
frontal e traseira e, especialmente, unha pantalla AMOLED
de 10,1 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.600 píxeles, o que superaría
considerablemente ás pantallas Retina de Apple.
O luns sairemos de dúbidas sobre este dispositivo que, de ter un prezo
competitivo, podería ser un grande competidor do novo iPad.
- O Nexus 10 contará con 2 cámaras (en contraste co Nexus 7, que só ten cámara para videoconferencia)