FÃltranse imaxes do Huawei Ascend W1
luns, 15 de outubro do 2012
A festa do Windows Phone non vai quedar só para Nokia, HTC e
Samsung, senón que outros fabricantes que podiamos considerar menores tamén van
apuntarse, e asà temos
agora imaxes do futuro Huawei Ascend W1, que veñen de ser filtradas á Rede,
e que parecen corresponder a un terminal con Windows Phone 8, con pantalla de 4
polgadas cunha resolución de 800 x 480 pÃxeles, procesador de dobre núcleo a
1,2 GHz e procesador gráfico a 400 MHz, 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento
interno, cámaras de 5 e 0,3 MpÃxeles e baterÃa de 2.000 mAh.
Ao parecer, o móbil de Huawei venderase nunha gama de cores que lembrarÃa aos
Nokia Lumia, e como principal sorpresa teriamos que o conector de carga
microUSB non estarÃa centrado na parte inferior do móbil (senón que estarÃa na
parte inferior dereita).
Dá a impresión de que antes do Nadal e a primeiros de 2013 imos ver moitos
móbiles con Windows Phone, que quererán aproveitar o pulo que Microsoft quere
dar a tal plataforma que aproveitará a saÃda de Windows 8, Surface e a
actualización do Dashboard de Xbox 360.