Fíltranse imaxes dun novo móbil de Sony

luns, 12 de marzo do 2012 Marcus Fernández

JPEG - 31.6 KB
Imaxe do Sony Pepper MT27i que puido verse fugazmente na páxina web de Sony Mobile China

En xaneiro filtráronse os plans de Sony de presentar no Mobile World Congress tres terminais coñecidos coma Kumquat, Nypon e Pepper, dos que só amosaron finalmente os 2 primeiros (baixo os nomes comerciais de Xperia P e Xperia U) e agora o último comeza a amosarse de xeito non oficial (incluso na páxina web de Sony Mobile en China) baixo a referencia MT27i, o que dá a entender que a súa presentación oficial podería ser inminente.
O Sony Pepper MT27i adoptaría o deseño propio dos últimos móbiles da compañía (libre xa do apelido Ericsson), tería un procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 512 Mb de RAM, pantalla de 3,7 polgadas cunha resolución de 854 x 480 píxeles, cámara de 5 Mpíxeles, NFC e sistema operativo Android 2.3 actualizable a Android 4.0 máis adiante.

JPEG - 38.8 KB
As primeiras imaxes do novo móbil xa se filtraran hai un par de meses

PUBLICIDADE