Fíltrase en Amazon o futuro reprodutor Sansa Fuze

luns, 10 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Sandisk vai comezar a vender un reprodutor multimedia que supoña unha auténtica alternativa ó iPod nano, e que pese a non aparecer aínda na páxina web do fabricante, xa se pode ver en Amazon.
O Sansa Fuze ten unha pantalla de 1,9 polgadas, reproduce música en MP3 e WMA e vídeo en MPEG-4, pode empregarse coma ragravadora de voz grazas ó micrófono integrado e inclúe un sintonizador dixital de radio FM. A súa autonomía é de ata 24 horas de reprodución de son e 5 horas de reprodución de vídeo (ou sexa, igual que a do reprodutor de Apple).
A capacidade do Fuze é de 4 Gb, aínda que se pode amplicar mediante tarxetas microSD e SDHC (pois inclúe un lector para as mesmas).
No tocante ás súas dimensións, o novo reprodutor de Sandisk mide 5,59 x 3,81 x 1,5 centímetros, de xeito que ten menos ancho e alto que o iPod nano, aínda que cun grosor maior.
Neste momento se pode encargar en cores negra, vermella e rosa, e se vende por 99,99 dólares (65,11 euros).

PUBLICIDADE