FinePix F800EXR, unha cámara que se conecta sen fÃos a dispositivos con Android e iOS
xoves, 26 de xullo do 2012
Os usuarios que desexen sacar fotografÃas e publicalas
rapidamente na Rede, pero non se conformen coas cámaras integradas nos móbiles
actuais poden optar por unha cámara dixital como a FinePix
F800EXR, que conta cun sensor EXR-CMOS de 16 MpÃxeles, zoom óptico de 20x,
pantalla LCD de 3 polgadas, saÃda HDMI e USB, capaz de gravar vÃdeo a 1.080p e
disparar fotografÃas a unha velocidade de 8 imaxes por segundo, e que pode
empregarse en combinación cunha aplicación para smartphones e tablets con Android e iOS cos que se comunica a
través de Wi-Fi, permitindo unha grande axilidade á hora de compartir as nosas
instantáneas a través da Internet ou, simplemente, para ver as fotografÃas
tomadas coa cámara dende un tablet.
Esta cámara tamén inclúe modos de disparo que facilitan tomar imaxes nocturnas,
estabilizar imaxes en movemento, reducir o contraluz, xeoetiquetar imaxes (valéndonos
do GPS do móbil), empregar filtros artÃsticos, xerar fotografÃas panorámicas,
recoñecemento de caras (asà como identificación de cans e gatos) e incluso
gardar simultaneamente as fotografÃas en JPEG e RAW.
Espérase a súa chegada
ás tendas no mes de agosto a un prezo estimado de 330 euros.