Fit-PC Slim, o ordenador máis pequeno do mundo

xoves, 18 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Algúns fabricantes se empeñan en reducir os seus equipos a niveis case ridículos, e como exemplo tempo o novo Fit-PC Slim, un ordenador que só ocupa 3330 centímetros cúbicos (109 x 99 x 30 mm), ou sexa, que ocupará a cuarta parte dun Mac mini. E neste nivel de miniaturización foron capaces de meter un procesador AMD Geode a 500 MHz e distintas opcións de configuración que parten de 256 Mb de RAM (por 220 dólares) ata 512 Mb de RAM, Wi-Fi e disco duro de 60 GB (por 295 ou 335 dólares, segundo se venda con Linux ou Windows XP).
O equipo tamén conta con 3 portos USB e toma a corrente dunha fonte de alimentación de 12 voltios.

PUBLICIDADE