Flex One, un eReader cun peso de 110 gramos

xoves, 7 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Tras máis dun ano de investigación, desenvolvemento e deseño, WEXLER anuncia a dispoñibilidade do primeiro eReader con pantalla de 6 polgadas con tecnoloxía de papel electrónico flexible (desenvolvida por LG). Deste xeito, o Flex One chega como o eReader máis lixeiro e delgado do mundo segundo o seu fabricante, prometendo tamén unha resistencia moi superior á do resto de dispositivos semellantes que hai no mercado.
O dispositivo conta cunha pantalla de E-Ink de 6 polgadas cunha resolución de 768 x 1.024 píxeles (mentres que o Kindle confórmase cunha resolución de 600 x 800 píxeles), 8 Gb de almacenamento interno, batería de 900 mAh que permítelle operar cunha única carga durante semanas, conectividade USB 2.0, soporte de numerosos formatos de texto (TXT, RTF, PDF, DOC, CHM, HTML, ePUB, FB2 e DJVU), unhas medidas de 151 x 134 x 4 milímetros e un peso de 110 gramos (o Kindle pesa 170 gramos e o Kindle Touch ten un peso de 213 gramos).

O Flex One preséntase como o eReader de papel electrónico máis delgado e lixeiro do mercado

PUBLICIDADE