Fujifilm prepara unha pequena cámara con revelado instantáneo
venres, 23 de agosto do 2013
Recuperando o espÃrito das vellas cámaras instantáneas,
Fujifilm pon á venda no Xapón a súa cámara Instax
mini 90, que permite disparar fotografÃas cun aire retro, podendo axustarse para poder adaptarse a distintas
condicións, sendo incluso capaz de tomar boas imaxes nun modo festa (no que
engade brillo aos fondos).
Esta nova cámara usa o papel instantáneo de Fujifilm reproducir imaxes de 5,4 x
8,6 centÃmetros, conseguindo levar esta tecnoloxÃa de revelando un paso adiante
reducindo considerablemente o tamaño da cámara, para facela máis compacta (mide 111,4 x 91,9 x 57,2 milÃmetros
e pesa 296 gramos).
A Fujifilm Instax mini 90 sairá á venda no Xapón o 20 de
setembro a un prezo de 19.800 iens (149,95 euros), sendo toda unha incógnita
se conseguirán pór de moda un tipo de cámara que parece estar obsoleta un
momento no que os smartphones están a ocupar o espazo deste tipo de produtos.
- A Fujifilm Instax mini 90 quere recuperar as cámaras de revelado instantáneo