Fujifilm presenta unha cámara compacta de menos de mil euros
luns, 14 de outubro do 2024
Aproveitando o bo momento que vive Fujifilm coas súas cámaras fotográficas (como a X100VI, que segue a ser unha supervendas) presentan a nova Fujifilm X-M5, unha cámara sen espello de grande calidade de imaxe nun formato compacto e lixeiro (pesa uns 355 gramos) que chegará ao mercado a mediados de novembro.
Esta cámara é ideal para un amplo rango de usuarios, orientándose principalmente ao que queren cargar coa cámara todo o dÃa aproveitando o seu tamaño compacto, á vez que tamén quere ofrecer unha experiencia retro cos seus controis fÃsicos e un dial que facilita a elección de distintos modos de simulación de pelÃcula que poden aplicarse a fotografÃas e vÃdeos.
A Fujifilm X-M5 está equipada cun sensor X-Trans BIS CMOS 4 de 26,1 MpÃxeles, ten un motor de procesamento de imaxes X-Processor 5 de alta velocidade (con enfoque automático mediante IA), pode gravar vÃdeo de 6,2K a 30 imaxes por segundo ou Full HD a 240 imaxes por segundo en 4:2:2 de 10 bits, integra un micrófono de 3 direccións mellorado e destaca un novo modo especial para a gravación de vÃdeos curtos en vertical sen ter que xirar a cámara (pode gravar clips de 15, 30 ou 60 segundos neste formato, mentres amosa en pantalla unha conta atrás).
Esta nova cámara incorpora numerosas funcións de fotografÃa e vÃdeo, e probablemente consiga chegar a un grande público ao conter o seu prezo en 799 dólares nos EE.UU. e 900 euros en Europa (a versión cunha lente 15-45mm f/3.5-5.6 custarÃa 999 euros), polo que serÃa a primeira cámara deste tipo que a marca pon á venda por menos de mil euros en bastantes anos.
Tamén é bastante rechamante que esta cámara sexa o modelo X-M5 cando a súa predecesora serÃa a X-M1 lanzada en 2013, polo que serÃa o retorno a unha gama de entrada abandonada, camuflando o lapso de tempo saltando versións no número de modelo.
VÃdeo promocional da Fujifilm X-M5
