Fujitsu presenta o Scaleo EV coma un PC para o salón

luns, 18 de maio do 2009 Marcus Fernández

Fujitsu-Siemens finalmente trae a España os seus equipos Scaleo EV, que están orientados á súa colocación no salón do fogar coma un vídeo ou un reprodutor de DVD, pois o seu formato achégase ao deste tipo de dispositivos de electrónica de consumo, pero sen deixar de contar coa potencia e versatilidade dun PC compatible con Intel Viiv 1.6.
Os Scaleo EV funcionan cun procesador Intel Core 2 Duo, saídas de vídeo por HDMI, VGA, euroconector e compoñentes, conectividade FireWire, eSATA, USB 2.0 e Wi-Fi, ata 750 Gb de disco duro, sintonizadora de televisión (con capacidades de gravación e time shifting) e a posibilidade de contar cunha regravadora de DVD ou unha unidades de Blu-ray. Estes equipos son bastante silenciosos e inclúen un teclado sen fíos cun touchpad (para suplir o rato) e un mando a distancia para a reprodución multimedia.

PUBLICIDADE