Fujitsu presenta un potente portátil delgado configurable con Blu-ray ou pico proxector

luns, 14 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Cando estamos a agardar unha vaga ordenadores portátiles que encaixen dentro da definición oficial de ultrabook, chega Fujitsu e afástase lixeiramente co seu novo equipo LIFEBOOK SH771, que supera 2,3 milímetros o grosor establecido, o que compensa con certas características rechamantes como unha baía na que podemos colocar un reprodutor de Blu-ray, un pico proxector ou unha batería adicional.
O Fujitsu LIFEBOOK SH771 ten unha pantalla de 13,3 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, procesador Intel Core i5-2520M/i7-2640M, 4/8 Gb de RAM, unidade SSD de 128 Gb ou ata 750 Gb de disco duro, batería de 6 celas que permite unha autonomía de ata 13 horas e 40 minutos (e 18 horas de contar coa batería adicional), gráfica Intel HD Graphics 3000, Gigabit Ethernet, teclado resistente a líquidos, lector de tarxetas de memoria, ExpressCard 34, 1 porto USB 3.0, 1 porto USB 2.0 normal, 1 porto USB 2.0 con sistema de carga Anytime USB, saídas VGA e HDMI, unhas medidas de 316 x 223 x 16,6-22,3 milímetros e un peso de 1,22 quilogramos (na súa configuración máis lixeira).

O novo LIFEBOOK de Fujitsu pode configurarse cunha batería adicional, un lector de Blu-ray ou un pico proxector

PUBLICIDADE