Fujitsu presenta unha nova solución de identificación biométrica

xoves, 2 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Os sistemas de identificación biométrica resultan de grande utilidade para asegurar sistemas, empregando distintas tecnoloxías para recoñecer a persoas, e Fujitsu vén de presentar o que aseguran que é «a primeira tecnoloxía de autenticación persoal do mundo en integrar a autenticación das veas da mans e das pegadas dixitais». O dispositivo desenvolvido por Fujitsu combina os datos rexistrados de 3 dedos, e consegue identificar a unha persoa entre un millón en só 2 segundos.
O uso de sistemas de identificación biométrica permite prescindir de tarxetas de identificación para múltiples usos (emprego de equipos informáticos, apertura de portas, etc.) e pode adaptarse a distintas escalas (dende pequenas habitacións ata grandes plataformas de redes sociais).

PUBLICIDADE