Funda con teclado e touchpad para o BlackBerry PlayBook
martes, 13 de marzo do 2012
O
tablet BlackBerry PlayBook é un dos meirandes fracasos dos últimos meses, en
boa medida porque o seu software chegou nun estado moi inmaduro e o seu prezo
inicial era moi elevado, pero agora que está dispoñible o PlayBook OS 2.0 gaña
certo atractivo, e para melloralo chega agora un accesorio, o BlackBerry
Mini Keyboard, unha combinación de teclado Bluetooth con touchpad multi-táctil
e funda, que permite transformar o tablet de RIM nunha especie de ordenador
portátil. Está previsto a súa venda nos EE.UU. a partir do dÃa 23 a un prezo de
119,99 dólares.
Este tipo de solución xa leva tempo comercializándose para o iPad de Apple, e
dista bastante da solución adoptada por Asus cos seus tablets da serie
Transformer, que empregan o teclado externo como base de conexión, ampliando
conectividade e autonomÃa, polo que a solución de RIM, pese a resultar
interesante, non parece estar á altura do que fan os seus competidores, e a súa
utilidade parece reducida ao uso de escritorios remotos tal e como propoñen no
seguinte vÃdeo: