GTA: San Andreas estréase na App Store

xoves, 12 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Unha das entregas máis recoñecidas da franquía de Grand Theft Auto é, sen dúbida, a chamada San Andreas, que metíanos na pel de Carl Johnson nunha cidade con loitas de bandas, drogas e corrupción a primeiros dos anos 90, na que teremos que protexer á súa familia e conseguir tomar o control das rúas. Este capítulo de GTA III saíu orixinalmente en PlayStation 2, Xbox e PC, e dende as últimas horas pode descargarse por 5,99 euros para dispositivos con iOS, agardándose que chegue a Android e Windows Phone 8 durante a semana que vén.
A conversión móbil deste título de Rockstar Games conta con gráficos de alta resolución remasterizados (con melloras na iluminación, paleta de cores máis rica e modelos mellorados de personaxes), presenta sombras e reflexos en tempo real, é compatible con mandos físicos, pode gardar partidas na nube (para poder xogar en varios dispositivos con iOS), pode controlarse con dous mandos analóxicos (para controlar a cámara e o movemento), presenta 3 sistemas de control diferentes e personalizables, e está dispoñible en español.
Tamén é posible escoitar a nosa música favorita durante o xogo creando unha listaxe de temas no noso dispositivo que leve por título GTASA, e que poderá sintonizarse como emisora de radio.


Vídeo que amosa a versión para iOS de GTA: San Andreas en acción

PUBLICIDADE