GTX Xplorer: botas de aventura con GPS incorporado

xoves, 1 de febreiro do 2007 Fernando Sarasketa

O GPS (o Sistema Glogal de Navegación por Satélite) xa hai tempo que aparece onde menos agardamos que apareza e para as funcións máis insospeitadas. Porén, hai unha chea de obxectos de uso cotián que se afán mellor a incluír GPS ca outros. Por exemplo: a ninguén (cremos nós) se lle vai ocorrer poñer un sistema de localización por satélite nun secador do pelo. Pero, e se vai inserido nun par de botas das que se empregan para practicar deportes en contacto directo coa natureza? Por aí precisamente é por onde está a traballar a empresa americana GXT, que vén de fabricar varios modelos distintos (para deportistas, aventureiros, etc) de calzado con GPS.
Esta tecnoloxía ten o seguinte obxectivo primordial: pór a parte do sentido da orientación que lle falte ó usuario. Deste xeito, en caso de extravío, o calzado dá conta (co sinal de satélite) do lugar exacto onde nos atopamos. Mesmo é quen de informar familiares e amigos dos vieiros por onde transita o portador das botas, a través de Google Maps.

PUBLICIDADE