Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Boox prepara un eReader con pantalla a cor e forma de smartphone

Boox, compañía que o ano pasado sorprendeu cun dispositivo con pantalla de tinta electrónica con formato de smartphone, prepara agora o lanzamento do seu novo lector electrónico compacto, o Boox Palma P6 Pro, un dispositivo con formato de móbil que incorpora pantalla E Ink a cor, conectividade móbil e compatibilidade con lapis dixital. A súa chegada ao (...)

Ler máis

Novos auriculares deportivos da marca Beats

Apple vén de pór á venda un novo produto baixo a marca Beats: os Powerbeats Fit, que recollen o relevo dos Beats Fit Pro (que chegaron a Europa a primeiros de 2022), pero reagrupados agora baixo o nome icónico Powerbeats, podendo xa adquirirse por 229,95 euros en 4 cores diferentes (negro acibeche, gris grava, laranxa eléctrico e rosa (...)

Ler máis

Amazon renova o seu catálogo de dispositivos

Amazon presentou unha ampla actualización do seu catálogo de dispositivos, cunha aposta clara pola intelixencia artificial conversacional e a integración doméstica, centrándose en Alexa+, a nova versión do seu asistente virtual que agora se manifesta como unha presenza máis proactiva, personalizada e capaz de manter conversas naturais e contextuais. Esta (...)

Ler máis

LG presenta un monitor 6K con conectividade Thunderbolt 5

LG presentou o UltraFine evo 6K (modelo 32U990A), o primeiro monitor 6K do mundo con conectividade Thunderbolt 5. Estreado baixo a nova marca UltraFine evo, orientada a pantallas premium de ultraalta resolución, este modelo está pensado para editores de vídeo profesionais, deseñadores gráficos e creadores que traballan con fluxos de traballo esixentes e de (...)

Ler máis

O rato Logitech MX Master 4 integra resposta háptica

Os ratos informáticos de referencia no mercado, os MX Master de Logitech, estrean unha nova xeración, os MX Master 4, que combinan precisión, conectividade mellorada e un deseño orientado á produtividade, pero cun elemento diferencial: a incorporación de resposta háptica para ofrecer unha interacción máis (...)

Ler máis

Novos mandos de Turtle Beach para os xogadores máis esixentes

Turtle Beach vén de anunciar o lanzamento mundial do novo mando modular Victrix Pro BFG Reloaded, dispoñible en versións para PlayStation, Xbox e tamén en edición específica para PC. O trebello, deseñado coa comunidade competitiva en mente, introduce melloras entre as que destacan as pancas de control e gatillos con tecnoloxía de efecto Hall antideriva e un (...)

Ler máis

Novos auriculares de diadema de CMF by Nothing

CMF, a marca de baixo custo de Nothing, vén de pór á venda os novos auriculares CMF Headphone Pro, uns auriculares de diadema que apostan por un deseño expresivo, longa autonomía e cancelación de ruído avanzada a un prezo de 99 euros, opción moito máis económica e discreta que os Nothing Headphone (1) que venden a 299 (...)

Ler máis

Un accesorio converte os Xiaomi 17 Pro nunha sorte de Game Boy

Non é a primeira vez que vemos como poñen á venda unha funda para o móbil que permite transformar o smartphone nunha consola retro portátil con aires de Game Boy, pero normalmente estamos ante accesorios de terceiros, sorprendendo agora que sexa a propia Xiaomi a que comercialice un produto semellante para usar en combinación cos novos Xiaomi 17 Pro e 17 Pro (...)

Ler máis

TCL estrea a súa primeira tableta de 8 polgadas con pantalla NXTPAPER

TCL acaba de poñer no mercado unha nova tableta Android que busca diferenciarse pola súa pantalla. Trátase da TCL Tab 8 NXTPAPER 5G, un dispositivo compacto con panel de 8,7 polgadas que incorpora a última xeración da tecnoloxía NXTPAPER 4.0, pensada para reducir a fatiga visual e ofrecer unha experiencia máis próxima á dun lector (...)

Ler máis

As consolas portátiles ROG Xbox Ally xa poden reservarse

O 16 de outubro chegarán ás tendas de máis de trinta países, entre eles España, as novas consolas portátiles ROG Xbox Ally e ROG Xbox Ally X, resultado da colaboración entre Asus e Microsoft. Estes dispositivos buscan ofrecer unha experiencia Xbox íntegra no peto, con acceso a bibliotecas de xogos de Xbox, Game Pass e outras tendas como Battle.net ou (...)

Ler máis

0 | ... | 170 | 180 | 190 | 200 | 210 | 220 | 230 | 240 | 250 | ... | 7050

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade