Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Lenovo presenta un ordenador todo-en-un con son direccional

O novo Lenovo ThinkCentre M90a Pro Gen 6 é un ordenador de escritorio integrado nunha pantalla Quad HD de 27 polgadas, con procesador Intel Core Ultra, coa posibilidade de configurarse cunha gráfica nVIDIA 4050 e, como grande novidade, coa tecnoloxía que chaman Lenovo Focus Sound, un sistema de son direccional baseado en IA que entrega son directamente á (...)

Ler máis

AirStudio One: un micrófono portátil sen fíos

No CES de Las Vegas puidéronse ver moitas novidades estes días, incluíndo algunha categoría de produto innovadora, como un novo micrófono portátil da nova compañía Hisong, que busca atender aos creadores musicais que queren poder levar comodamente a calquera parte un micrófono, unha mesturadora de son e uns (...)

Ler máis

Lenovo lanzará unha consola portátil con licenza oficial de SteamOS

Aproveitando o éxito da Steam Deck dende Lenovo lanzaron o ano pasado a súa consola portátil Lenovo Go, baseada no sistema operativo Windows 11, e no marco do CES de Las Vegas anuncian ás máquinas que a sucederán, como a Lenovo Legion Go S con pantalla de 8 polgadas e sistema operativo Windows, aínda que a grande nova nesta ocasión é que estará tamén (...)

Ler máis

O OnePlus 13 estréase como un dos mellores smartphones para comezar 2025

OnePlus estrea o seu novo smartphone insignia, o OnePlus 13, que chega coa potencia do procesador Qualcomm Snapdragon 8 Elite, o sistema operativo OxygenOS 15 afinado para dar unha maior sensación de velocidade, as súas características cámaras deseñadas en colaboración con Hasselblad que prometen retratos con calidade de estudio, a posibilidade de gravar (...)

Ler máis

nVIDIA presenta un superordenador para a IA accesible

Dentro das propostas de nVIDIA presentadas no CES de Las Vegas hai unha que pode supor toda unha revolución: o Project DIGITS. Falamos dun supercomputador persoas para a IA, orientado a investigadores, científicos de datos e estudantes que queiran gozar da potencia da plataforma nVIDIA Grace Blackwell, que neste equipo en concreto ofrecería un petaflop (...)

Ler máis

Nova serie de gráficas nVIDIA RTX

No marco do CES de Las Vegas nVIDIA presentou as GPU de consumo máis avanzadas para xogadores, creadores e desenvolvedores: GeForce RTX 50. Estas gráficas estarán impulsadas pola arquitectura NVIDIA Blackwell, os núcleos Tensor de quinta xeración e os núcleos RT de cuarta xeración, ofrecendo avances revolucionarios no renderizado impulsado por IA, incluíndo (...)

Ler máis

Novo proxector de tiro ultracurto de LG

Xunto coa proposto de proxector con forma de lámpada de pé, LG vai levar ao CES de Las Vegas o novo proxector CineBeam S (modelo PU615U), que é o proxector de tiro ultracurto 4K máis cativo da compañía, que combina unha grande calidade de imaxe cun formato pequeno e lixeiro.

Ler máis

LG presenta un proxector con forma de lámpada de pé

LG quere sorprender no CES de Las Vegas co seu novo proxector modelo PF600U, que busca facerse cun lugar no fogar grazas á súa proposta combinada de proxector, altofalante Bluetooth e lámpada LED de ambiente.

Ler máis

Samsung presenta novos monitores para 2025

De cara ao CES de Las Vegas o fabricante surcoreano Samsung ten preparadas novas liñas de monitores das gamas Smart Monitor 2025, Odyssey Gaming e ViewFinity, que son un paso máis de refinado destas familias que gozan de grande presenza e reputación no mercado.

Ler máis

Novo teclado ergonómico deseñado por Microsoft

Microsoft abandonou a súa liña de accesorios informáticos, deixándoa en mans de Incase, marca que aproveitando os deseños da compañía de Redmond vai comercializar un teclado ergonómico bastante interesante, que combina comodidade e unha experiencia de tecleo natural e de calidade, á vez que presenta novidades como unha tecla de (...)

Ler máis

0 | ... | 400 | 410 | 420 | 430 | 440 | 450 | 460 | 470 | 480 | ... | 7050

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade