Artigos desta sección
Saen ó mercado novos reprodutores MP4 de Airis máis versátiles e ultralixeiros
Airis, a empresa española de informática e electrónica de consumo, vén de lanzar ó mercado tres novos modelos de MP4 de tamaño miúdo e con distintas capacidades que, segundo os creadores, “contan cunha grande versatilidade e, polo seu tamaño e o seu prezo, adáptanse a tódolos petos”. Os modelos MP302 e MP304 son os novos produtos desta firma que reproducen (...)
Ler máisTuffTouch, o monitor LCD a proba de golpes
Stealth Computer Corporation presentou un novo monitor, o TuffTouch, de 17 polgadas, cunha relación de contraste de 500:1, unha resolución de 1.280 x 1.024 píxeles e baixo consumo de enerxía que destaca por estar acondicionado para condicións agresivas. O TuffTouch conta cunha carcasa dunha aliaxe de aluminio que lle permite soportar golpes e caídas. (...)
Ler máisO VCR 2 PC facilita a dixitalización de cintas VHS
A empresa Ion, coñecida por comercializar, entre outros produtos, un reprodutor de cintas de casete e un prato para discos de vinilo que permitían dixitalizar a música a un ordenador conectado a través dun porto USB, fai agora o propio coas cintas VHS, invitando a recuperalas para poder pasalas ó disco duro do ordenador, a reprodutores multimedia portátiles (...)
Ler máisOs novos WiDRIVE achegan as descargas de BitTorrent a discos de 2,5 polgadas
EDS Lab renova a súa oferta de caixas para discos discos duros WiDRIVE, que incorporan agora os modelos PX-100 e DX-225, de 1,8 e 2,5 polgadas respectivamente. Pero este accesorio que nos permite converter un disco duro interno en disco Wi-Fi (o que permite acceder ó mesmo dende a nosa rede sen fíos doméstica) destaca na súa nova versión por incorporar (...)
Ler máisShuttle venderá un mini-ordenador a 199 dólares
Os ordenadores de baixo custo non son só os portátiles, e Shuttle anunciou no CES un mini-barebone baseado en Linux que se venderá a só 199 dólares e que contará cun procesador Intel Celeron, chipset 945GC, 512 de memoria e 60 ou 80 Gb de disco duro. Curiosamente o equipo non inclúe nin lector de DVD nin fenda PCI Express. Como punto máis positivo, os KPC (...)
Ler máisPapyre 6.1: o lector español de libros electrónicos
Os dispositivos lectores de libros electrónicos baseados en tinta electrónica (e-ink) pretenden substituír ós libros e revistas no futuro, e finalmente xa hai unha empresa española competindo neste sector, Facthor, que co seu Papyre 6.1 quere cambiar os nosos hábitos de lectura. O Papyre 6.1 ten unha pantalla de 6 polgadas cunha resolución de 600 x 800 (...)
Ler máisEverex lanzará un portátil para competir co Asus Eee PC
Durante o CES de Las Vegas púidose ver un novo ordenador ultraportátil moi semellante ó popular Asus Eee PC tanto en prestacións coma en prezo. O novo equipo de Everex ten procesador VIA C7-M a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 30 Gb de disco duro, unha batería que lle proporciona 4 horas de autonomía, unha pantalla de 7 polgadas e unha saída DVI para conectar unha (...)
Ler máisMonitor curvo de Alienware para meterse máis nos videoxogos
Alienware decidiu abraiar ó seu público obxectivo (formado principalmente por afeccionados ós videoxogos) cun enorme monitor curvado formado por varios paneis DLP montados sobre unha única base acadando unha resolución de 2.880 x 900 píxeles, o que da unha sensación submersión nos videoxogos abraiando ó usuario. No CES púidose ver un prototipo deste monitor que (...)
Ler máisIndicube: reprodución multimedia persoal baseada en Linux
Os anteollos con pantallas de vídeo incorporadas son unha solución para acadar a experiencia máis próxima ó cine persoal, de xeito que simulan estar ante unha pantalla de enorme tamaño aínda que só a poidan ver un único usuario, que se illa así do seu contorno. Dentro destes dispositivos coñecidos coma Head Mounted Displays (HMD) temos agora o visor Active Matrix (...)
Ler máisLogitech presenta un teclado Bluetooth para o control multimedia
Esta semana Logitech presenta no CES o seu teclado Bluetooth diNovo Mini, que se pode conectar tanto ó ordenador como á PlayStation 3, contando con 63 teclas retroiluminadas en cor laranxa (cando opera coma touch-pad) ou verde (en modo mando a distancia). A batería do Logitech diNovo Mini dura 30 días tras unha carga de 4 horas, aínda que en 10 minutos xa (...)
Ler máis0 | ... | 6670 | 6680 | 6690 | 6700 | 6710 | 6720 | 6730 | 6740 | 6750 | ... | 7050
