Galaxy Book S, a nova aposta de Samsung pola mobilidade informática
mércores, 7 de agosto do 2019
AÃnda
que o prato forte da xornada foi a presentación dos Galaxy
Note10 e Note10+, Samsung quixo aproveitar a ocasión para dar a coñecer o novo
Galaxy Book S,
un ordenador portátil e lixeiro que grazas á conectividade 4G e á longa
duración da súa baterÃa busca mudar o xeito de entender a mobilidade informática.
Este novo ordenador portátil está baseado en procesadores Qualcomm Snapdragon
8cx e funciona con Windows 10, combinación que pretende servir para que o
usuario poida facer uso do seu equipo tanto no escritorio como en calquera
outro lugar, sen ter que depender de conexións por cable ou Wi-Fi, grazas á
banda larga móbil.
Este equipo cun marco de aluminio metalizado e anodizado pesa 0,96 quilogramos,
ten unha pantalla táctil Full HD de 13,3 polgadas e con respecto ao anterior
Galaxy Book 2 consegue mellorar o rendemento da CPU un 40% e o dos gráficos un
80%, polo que estamos ante un equipo que pese a ter un deseño sen ventiladores,
pode gozar dun rendemento máis que suficiente para traballos de produtividade.
A súa baterÃa achega unha autonomÃa de até 23 horas de reprodución de vÃdeo;
integra altofalantes estéreo de AKG; é compatible coa aplicación Tu Teléfono
de Windows 10 (para poder atender as notificacións do móbil dende o ordenador,
entre outras cousas); e tamén permite iniciar sesión coa pegada dixital.
Chegará ao mercado no outono con 8 GB de RAM, 256/512 GB de SSD, lector de
tarxetas microSD de até 1 TB, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, GPS e USB-C. A
conectividade móbil 4G recÃbea a través dunha tarxeta nano SIM.
VÃdeo de presentación do Galaxy Book S