Galaxy View, a pantalla Full HD de 18,4 polgadas de Samsung que funciona con Android
venres, 30 de outubro do 2015
A filtración de que Samsung
preparaba unha tableta con pantalla de 18,4 polgadas confirmouse totalmente
esta semana, cando a compañÃa surcoreana debullou as caracterÃsticas da súa
nova Samsung Galaxy
View, que aÃnda que inicialmente parecÃa que Ãa promocionarse como a
tableta con Android máis grande do mercado, finalmente parece que dende Samsung
son conscientes de que tan tamaño resulta moi incómodo para usos interactivos,
e definen a este trebello como unha pantalla Full HD con Android, de xeito que
podemos velo como un reprodutor de vÃdeo portátil que permite levar os contidos
audiovisuais a diferentes currunchos no fogar e incluso en mobilidade, dada a
súa portabilidade.
O feito de que esta pantalla funcione con Android 5.1 permitirÃa que gozase de
acceso ás numerosas plataformas de vÃdeo en liñas que cada vez gozan de maior
aceptación entre o público, e o seu deseño está pensado para que a Galaxy View
poida colocarse en dúas posicións sobre a mesa segundo a disposición da súa
peaña, de xeito que poderÃa colocarse cunha pequena inclinación para facilitar
o seu uso no escritorio, como case vertical para favorecer o seu uso coma se
fose un televisor. O deseño tamén conta cun espazo na parte traseira da
pantalla a xeito de asa para facilitar o seu transporte.
A Galaxy View funciona cun procesador Exynos 7580 de oito núcleos a 1,6 GHz, 2
GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), cámara
frontal de 2,1 MpÃxeles (pensando no uso para videoconferencia), Wi-Fi AC,
Bluetooth 4.1, e baterÃa de 5.700 mAh que achega unha autonomÃa de até 8 horas.
Este dispositivo cunhas dimensións de 451,8 x 275,8 x 11,9 milÃmetros e 2,65
quilogramos de peso, venderase en cor branca ou negra a un prezo de 599,99
dólares nos EE.UU. (o prezo en España aÃnda non se anunciou) na súa versión con
Wi-Fi, comercializándose tamén unha versión que pode equiparse cunha tarxeta
nanoSIM para gozar de conexión LTE.
- Comparación de tamaño entre a Galaxy View outros dispositivos con Android