Geeksphone presenta o seu novo smartphone con Firefox OS: o Peak+

venres, 26 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Os primeiros smartphones co sistema operativo Firefox OS ao alcance do público foron os Keon e Peak da española Geeksphone, destinados a desenvolvedores, e agora que xa hai terminais destinados para o público xeral, Geeksphone move ficha, e anuncia que na segunda metade de setembro estreará o terminal Peak+, un novo móbil que terá un prezo de 149 euros + IVE que supón unha mellora do anterior Peak, e contará con 1 Gb de RAM, pantalla IPS de 4,3 polgadas cunha resolución de 540 x 960 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon S4 8225 de dobre núcleo a 1,2 GHz, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), cámaras de 8 e 2 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, radio FM, GPS, compás, micro USB e batería de 1.800 mAh, polo que mantén este terminal nunha gama media, deixando claro que polo momento Firefox OS busca estar presente en dispositivos cun prezo asumible.
Os interesados en adquirir un Peak+ poden xa reservalo, para recibilo cando estea dispoñible, garantindo así unha das primeiras unidades fabricadas dun terminal cun sistema operativo baseado na web que resulta prometedor de cara á democratización dos smartphones a nivel global.

PUBLICIDADE