Genius aposta polo acabado en madeira nuns dos seus altofalantes estéreo
luns, 11 de febreiro do 2013
Aínda que cada día estamos máis afeitos aos altofalantes con
aparencia plástica, os que busquen
unha estética máis clásica que case mellor no fogar poden optar polos altofalantes
SP-HF800B de Genius, que cun acabado en madeira ofrecen unha saída de audio
de 20 watts (RMS) que coas súa unidades de 3,5 polgadas presume de ofrecer un
son de alta calidade, que grazas á súa boa conectividade pode resultar axeitado
para conectar a un ordenador, a un tablet ou a un reprodutor multimedia
portátil. Aparte da súa elegante estética, estes altofalantes tamén conta cun
control de volume frontal, facendo que o seu uso sexa cómodo e doado.
O
prezo destes altofalantes é duns 40 euros. Inclúen adaptador de corrente e
cable de audio.
- Os altofalantes de Genius achegan certa elegancia grazas ao seu acabado en madeira