Gigabyte presenta en San Francisco bare-bones compactos e potentes
venres, 13 de setembro do 2013
AÃnda
que os equipos informáticos de pequeno tamaño tenden a ter unha potencia
reducida, algún fabricante esfórzase en conseguir combinar un tamaño compacto
coa capacidade suficiente para gozar dos xogos de última fornada, como Gigabye,
que co seu BRIX pocket está a conseguir superar tal reto segundo
contan os reporteiros de Engadget dende o Intel Developer Forum (IDF).
Na feira de San Francisco temos que Gigabyte amosou ao público o seu pequeno
equipo que integra HDMI, Ethernet, 4 portos USB, Bluetooth 4.0, porto Mini
Display, Wi-Fi e toma de auriculares, asà como a última xeración de
procesadores de Intel, conseguindo que nunha caixiña que pode lembrarnos a una
GameCube de Nintendo poida correrse un xogo como Grid 2 a Full HD grazas á integración dunha gráfica Iris Pro en
placa (que aÃnda que non consiga o rendemento das gráficas dedicadas que
estamos habituados a utilizar, cómpre coa súa función).
Claramente non estamos ante un equipo pensado en funcionar como ordenador de
escritorio, senón que busca gañarse un sitio no noso salón como sistema de
videoxogos e reprodutor multimedia, e comercializarase antes do Nadal con
memoria, disco duro SATA de 2,5 polgadas, sistema operativo e mando por un
prezo que poderÃa estar preto dos 500 euros, polo que pode ser unha boa opción
para quen non queira atarse ás restricións que supón unha consola de videoxogos
doméstica, pero queira igualmente poder gozar de grandes xogos no televisor do
salón.