Gigaset presenta un teléfono ideal para pais: o S820

martes, 12 de marzo do 2013 Redacción

A firma xermana Gigaset presenta estes días un novo teléfono sen fíos “moi axeitado para os negocios e o fogar, e tamén para pais que queiran ter a máxima comunicación cos seus fillos”. Falamos do S820, un dispositivo híbrido que mestura pantalla táctil e teclado tradicional, “tirando partido do mellor dos dous mundos”, en palabras da compañía, que concibe esta conxugación de elementos como a mellor maneira posíbel de contribuír a que as xeracións que non son precisamente novas poidan seguir explotando ao máximo as posibilidades actuais da telefonía por moito que os novos aparellos teimen en incluír tecnoloxía táctil.
De feito, entre os moitos xeitos diferentes de cualificar este teléfono por parte da empresa responsábel, inclúese un que vén moi a conto para quen ande a buscar un agasallo con motivo da celebración do día 19 de marzo: “O teléfono ideal para o Día do Pai”.
E dando por sentado que por ser pais precisamos de tranquilidade e o máximo acougo, o Gigaset S820 permite, entre outras cousas, “crear listaxes individualizadas para evitar que chamadas anónimas ou de determinados contactos nos importunen a certas horas do día ou a noite”, informa a compañía. Doutra banda, “se non queremos perdernos as chamadas dos nosos fillos ou algunha notificación importante, este dispositivo permítenos, mediante uns poucos clicks, responder as persoas que máis nos interesen”.

PUBLICIDADE