Google presenta auriculares sen fíos que non chegarán ao mercado até primavera
martes, 15 de outubro do 2019
Se ben o Pixel 4
vai tardar en recibir o novo Asistente de Google e funcións de transcrición de
texto a voz en linguas distintas do inglés, máis frustrante pode resultar o
xeito de que o seu complemento máis atractivo, os auriculares sen fíos Google Pixel Buds, non
vaian estar dispoñibles até a primavera de 2020, na liña do que aconteceu o seu
día cos AirPods de Apple (que adiaron bastante a chegada ao mercado).
Estes novos auriculares prometen unha grande calidade de son (grazas aos seus
altofalantes dinámicos de 2 milímetros), chamadas moi nítidas (os sensores
detectan se o usuario está a falar para centrarse na voz e reducir o ruído de
fondo)
e un uso óptimo do Asistente de Google (chega con dicir «Ok, Google»
para invocar ao asistente, así como facilitan a tradución en tempo real); tamén
son resistentes á auga e á suor; e a súa batería permite até 5 horas de uso,
que co seu estoxo de carga pode ampliarse até 24 horas.
O seu prezo nos EE.UU. será de 179 dólares, e para os usuarios interesados en
España xa hai unha listaxe de agarda, dando a entender que estamos ante un
produto de elevada demanda e fabricación bastante limitada.
Vídeo de presentación dos Google Pixel Buds