Google presenta os seus novos smartphones Pixel
martes, 19 de outubro do 2021
Rematou a espera, e os novos móbiles de Google, os Pixel 6
e Pixel 6 Pro por fin son oficiais, destacando principalmente por funcionar
con Tensor, o primeiro procesador desenvolvido directamente por Google, á vez
que tamén marca o lanzamento de Android 12.
O modelo máis básico, o Pixel 6, terá
un prezo de 599 dólares, mentres que o Pixel 6 Pro
custará 899 dólares, chegando ao mercado estadounidense o vindeiro 28 de outubro,
mentres que ao mercado español non está previsto que cheguen estes móbiles até
2022.
Os novos móbiles de Google chegan cun deseño completamente novo e moi diferente
a outros dispositivos anteriores de Google, destacando especialmente a barra
traseira que alberga a cámara, que claramente será o selo distintivo destes smartphones.
Precisamente as cámaras dos novos Pixel son o seu punto forte, cun sensor de
1/1,3 polgadas, de xeito que capturarÃan até un 150% máis de luz que o sensor
dun Pixel 5, conseguindo asà imaxes e vÃdeos con maiores detalles e cores máis
ricas. Ambos móbiles tamén contan con lentes de ultra grande angular con
sensores máis grandes, polo que este tipo de imaxes non descoidarÃan a súa
calidade.
O Pixel 6 Pro diferenciarÃase na cámara por contar tamén cun obxectivo cun zoom
óptico de 4x (até 20x de Super Res Zoom) e a súa cámara frontal poderÃa gravar
vÃdeo 4K.
Dende Google tamén destacan que Google Photos fará doado o borrado de elementos
indesexados nas nosas instantáneas grazas ao novo Magic Eraser.
As fotografÃas cos móbiles Pixel tamén conta cun Motion Mode con opcións como
Action Pan e Long Exposure, que facilitan a combinación de elementos estáticos
e elementos móbiles para reflectir a acción nas instantáneas dun xeito orixinal
(mesturando elementos nÃtidos con desenfoques por movemento).
Outras tecnoloxÃas que melloran nos novos Pixel serÃan as de recoñecemento de
voz para escribir en mans libres ou para a tradución automática, o que tamén
pode aplicarse ao texto en aplicacións de mensaxerÃa como WhatsApp, tradución
en directo que polo momento funciona en inglés, francés, alemán, italiano e
xaponés.
Cómpre salientar que, aparte das cámaras, as diferenzas entre o Pixel 6 e o Pixel 6 Pro tamén está no seu tamaño, xa que o Pixel 6 ten unha pantalla Full HD+ OLED de 6,4 polgadas cun refresco de 90 Hz e unha baterÃa de 4.614 mAh, mentres que o Pixel 6 Pro conta cunha pantalla Quad HD+ OLED de 6,7 polgadas cun refresco de 120 Hz e baterÃa de 5.003 mAh.