Gravador de TDT de alta definición de Blusens
venres, 11 de xuño do 2010
Os consumidores
que teñan un televisor Full HD sen sintonizador para a TDT de alta definición
ou, simplemente, que queiran reproducir ou gravar contidos en alta definición,
poderán estar interesados no Blusens
T14, un sintonizador de TDT do fabricante galego de electrónica de
consumo que pode recibir tanto o sinal da TDT estándar en MPEG-2 como as
emisións en alta definición en MPEG-4/H.264, podendo gravar os programas en
unidades de memoria USB, dende as que tamén poden reproducir música (MP3, AAC,
AC3, WMA e EAC3), visualizar fotografÃas (JPEG, BMP e PNG) e reproducir vÃdeo
(MPEG-1/2/4, H.264, AVI, MP4, VOB, TS, TP, MKV, MOV, M2TS).
Este dispositivo de Blusens conta con saÃda HDMI con soporte de vÃdeo de ata
1.080p, saÃda de audio dixital SPDIF coaxial e óptica e incluso conta con menús
en pantalla en galego. O
seu prezo de venda non chega aos 60 euros, polo que é unha solución
moi interesante para a reprodución e a gravación de programas televisivos.