HORI venderá un mando arcade de Dragon Ball FighterZ

mércores, 8 de novembro do 2017 Marcus Fernández

Xa sabemos que o vindeiro 26 de xaneiro chegará ás tendas Dragon Ball FighterZ, xogo que aspira a converterse nun imprescindible para os seareiros da franquía de As Bolas Máxicas, que consegue a mellor recreación dos combates da serie de animación que puidemos ver até o momento, o que fai que xurdan compañía que queiran aproveitar o momento, como HORI, popular fabricante de accesorios para consolas que xa acepta reservas dun mando arcada inspirado no vindeiro grande xogo de Bandai Namco.
No Amazon xaponés xa podemos ver o arcade stick de Dragon Ball FighterZ, que figura a un prezo de 20.498 iens (155,26 euros) e está decorado coa imaxe de Son Goku, o que será un grande reclamo como no seu día foron outras franquías coma de Street Fighter para vender estes mandos que, sen ser os de máis calidade do mercado, ofrecen unha prestacións moi dignas e unha ergonomía moi superior aos mandos que inclúen as consolas para gozar dos xogos de loita (replicando a experiencia que pode conseguir nas máquinas recreativas).
Este mando arcade de Dragon Ball FighterZ sairá á venda no Xapón á vez que o xogo para PlayStation 4, aínda que non sería sorprendente que tamén chegase a Europa nas mesmas datas, e incluso puidese contar con versión para Xbox One (que no Xapón non se comercializaría ante a reducida presenza de tal consola).

PUBLICIDADE