HP estrea un tablet económico de 7,85 polgadas
venres, 7 de marzo do 2014
HP aÃnda ten unha tÃmida presenza no sector dos tablets, e
parece ter atopado unha oportunidade entre a súa gama económica, pois vén de
incorporar no seu catálogo o HP
8, un tablet con Android 4.1 e pantalla IPS de 7,85 polgadas cunha
resolución de 1.024 x 768 pÃxeles, que está á venda por 169,99 dólares (122,59
euros). Este dispositivo busca achegar un funcionamento fluÃdo grazas ao seu
procesador Allwinner A31 ARM Cortex A7 de catro núcleos e 1 Gb de RAM,
combinando tal potencia pola portabilidade achegada polo seu tamaño e pola súa
baterÃa de 3.800 mAh que permite unha autonomÃa de ata 7 horas.
O tablet está equipado con Wi-Fi N con Miracast (para facilitar levar os
contidos multimedia aos televisores conectados), cámaras de 2 e 0,3 MpÃxeles e un
almacenamento interno de 16 Gb que pode completarse con tarxetas microSD de ata
32 Gb e con 25 Gb de almacenamento no nube (no servizo Box).
Entre as vantaxes que poden resultar decisivas para optar por este tablet
atopamos que HP o dota do paquete Kingsoft Office, con tecnoloxÃa de
sincronización fotográfica de Snapfish e HP ePrint (para poder imprimir
practicamente dende calquera lugar onde estea dispoñible o acceso á Rede).