HP estréase na familia dos Ultrabooks co HP Folio 13
mércores, 16 de novembro do 2011
Nos
últimos dÃas vimos como distintos fabricantes sacaban os seus propios
ordenadores portátiles potentes e delgados para competir cos MacBook Air de
Apple, pero sen axustarse ás especificacións que permitan a súa incorporación á
familia dos Ultrabooks, o que si fai o HP Folio
13, equipo que vén de facerse oficial, e que é o primeiro equipo deste tipo
comercializado por HP, que virá cunha pantalla de 13,3 polgadas cunha
resolución de 1.366 x 768 pÃxeles, procesador Intel Core i3/i5, Ethernet,
lector de tarxetas SD, saÃda HDMI, teclado retroiluminado, USB 3.0, unidade SSD
con 128 Gb de capacidade, webcam de alta definición, un trackpad multi-táctil
de grande tamaño e unha
autonomÃa de ata 9 horas. Chegará ao mercado norteamericano o vindeiro 7 de
decembro a un prezo que parte dos 899,99 dólares (668,69 euros) o que resulta
un pouco máis axustado que outros ordenadores semellantes que podemos atopar no
mercado.
- O HP Folio 13 chega cun deseño compacto e unhas prestacións elevadas