HP presenta un novo todo-en-un con pantalla táctil, touchpad e NFC

luns, 10 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Os equipos todo-en-un de HP con pantalla táctil levan xa un tempo no mercado, e é de agardar que coa chegada de Windows 8 tomen certa relevancia, de aí que renovasen esta gama de produtos coa incorporación de 4 novos equipos entre os que destaca un que está fóra das liñas Envy e Pavillion, o HP Spectre One, que conta cunha pantalla táctil de 23,6 polgadas, procesador ivy Bridge de última xeración, gráfica nVIDIA, ata 8 Gb de RAM, entrada HDMI (para poder empregar a pantalla como monitor externo, por exemplo, para conectar un portátil ou unha consola de videoxogos), disco duro ou SSD, Wi-Fi N, Gigabit Ethernet, 2 portos USB 2.0, 2 portos USB 3.0 e un par de detalles rechamantes: incluír un touchpad de grande tamaño en vez dun rato e integrar NFC (o que pode aproveitarse para programar accións específicas mediante etiquetas NFC e para comunicarse cos numerosos dispositivos NFC que se agardan para os vindeiros meses).
Este interesante ordenador chegará ás tendas no mes de novembro, pouco despois da estrea oficial de Windows 8, a un prezo que nos EE.UU. parte dos 1.299 dólares.

O HP Spectre One ten unha aparencia moi elegante

PUBLICIDADE