HP renova os seus portátiles económicos orientados á nube
xoves, 11 de agosto do 2016
Para facerse un oco entre os portátiles económicos con
Windows, HP leva
un par de anos coa súa familia HP Stream, e para poder conservar esta
posición entre os equipos dirixido para o mercado doméstico renovan
esta gama de produtos, de xeito que renovan o modelo normal con pantalla de
11,6 polgadas e a súa versión táctil (HP Stream x360) e estrean un formato que
poderÃa ter bastante éxito, por contar cunha xenerosa pantalla de 14 polgadas.
HP quere manter a esencia desta gama de portátiles, que atenden ás demandas
actuais na que os usuarios non piden potentes procesadores e grandes
capacidades de almacenamento, xa que traballan principalmente con servizos na
nube, polo que dan prioridade a factores como a transportabilidade, a
autonomÃa, a calidade do seu Wi-Fi e o seu prezo axustado, de xeito que serÃan
ordenadores ideais para usar Facebook, ver contidos en Netflix e utilizar
aplicacións de ofimática pero, ao estar ante sistemas con Windows, poderÃa
empregar as súas versións de escritorio, e non conformarse con versións web
aÃnda inferiores (que é a estratexia de Google cos seus Chromebooks). De feito,
os equipos inclúen 1 ano da edición persoal de Office 365, incluÃndo asà tamén
1 TB de almacenamento na nube, o que resulta moi axeitado para este tipo de
equipos.
Os novos
HP Stream integran antenas duais Wi-Fi AC con MIMO 2x2, conseguido
conexións sen fÃos moi rápidas e con mellor calidade de recepción, incluÃndo
tamén portos USB 3.0 para axilizar as conexións fÃsicas.
De cara ao sector da educación tamén sacarán un HP Stream 11 Pro con pantalla
de 11,6 polgadas, con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno, que
comezarán a comercializar a finais de setembro nalgúns mercados. Os modelos
para o mercado doméstico confórmanse cunha configuración con 32 GB de
almacenamento interno SSD, que favorece un inicio rápido do sistema e resulta
suficiente para usos realmente orientados á nube.
O 24 de agosto porase á venda o HP Stream 11 a 199 dólares, mentres que o HP
Stream x360 custará 249 dólares (un prezo magnÃfico para un portátil con
pantalla táctil), aÃnda que o equipo realmente interesante serÃa o novo HP
Stream 14, que sairÃa á venda o 7 de setembro cun prezo que parte de 219
dólares, o que parece toda unha ganga para un ordenador con 4 GB de RAM, 32 GB
de SSD, pantalla de 14 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 pÃxeles e un
procesador Celeron de nova xeración que permitirÃa que a autonomÃa do equipo
puidese chegar até as 10 horas e 45 minutos.