HTC Snap, novo smartphone para profesionais

venres, 3 de abril do 2009 Marcus Fernández

Nos últimos meses HTC tennos afeitos a terminais telefónicos con pantalla táctil, pero tamén teñen móbiles con Windows Mobile 6.1 orientados ao usuario máis profesional, e como exemplo teñen o novo HTC Snap, que en 11,7 x 6,1 x 1,2 centímetros e 120 gramos encerra un móbil sinxelo e rápido, cun formato moi semellante a algúns modelos de BlackBerry (utilizando incluso unha bola para a navegación polos seus menús).
O terminal conta cun teclado QWERTY, pantalla con retroiluminación LED de 2,4 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles, cámara de 2 Mpíxeles, lector de memorias SDHC (compatible con microSD) de ata 16 Gb, A-GPS, conectividade HSDPA, Bluetooth e Wi-Fi.
Conta cunha autonomía de ata 480 horas en espera e 510 minutos en conversa e chegará ás tendas no segundo trimestre do ano, descoñecéndose polo momento o seu prezo oficial.

PUBLICIDADE