HTC comercializará unha versión do seu Desire V con dobre SIM
venres, 8 de xuño do 2012
Nos mercados emerxentes é posible atopar multitude de
móbiles de baixa gama preparados para funcionar con 2 ou incluso 3 tarxetas SIM
á vez, pero dificilmente é posible un terminal de gama media con tal
prestación, de aà que deramos
conta hai uns dÃas do Samsung Galaxy Ace DUOS, polo que hoxe sorpréndenos
aÃnda máis que HTC vaia comercializar inicialmente en UcraÃna no mes de xullo (para
chegar logo ao resto do continente) un terminal Desire V
con dobre SIM, que custará 3.800 grivnas (376,05 euros).
Este terminal posiblemente serÃa o mellor móbil con dobre SIM do mercado, pois
funciona con Android 4.0 con HTC Sense 4, procesador a 1 GHz, 512 Gb de RAM, 4
Gb de almacenamento interno, 25 Gb de almacenamento en liña, pantalla de 4
polgadas cunhas resolución de 480 x 800 pÃxeles, cámara de 5 MpÃxeles con
enfoque automático e flash LED, Beats Audio, radio FM, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0,
GPS, micro USB, unhas medidas de 118,5 x 62,3 x 9,3 milÃmetros e un peso de 114
gramos. Unha combinación de prestacións que para moitos converterase nun escuro
obxecto de desexo por poder combinar o uso de 2 dúas tarxetas SIM nun único
móbil (aÃnda que haberÃa que precisar que a tarxeta SIM secundaria só
funcionarÃa como tarxeta de voz, de xeito que a conectividade de datos colgarÃa
da tarxeta principal).