HTC fabricará móbiles cun botón dedicado a Facebook
martes, 15 de febreiro do 2011
- O HTC Salsa é un terminal con Android 2.3.3 e un botón contextual para facilitar o acceso a Facebook
HTC presentou
hoxe no Mobile World Congress un par de teléfonos
móbiles que combinan a simplicidade e facilidade de uso da interface HTC Sense
co potencial e a conectividade de Facebook, o que queda evidente na
presenza dun botón dedicado precisamente á plataforma social creada por Mark
Zuckerberg, de xeito que cun toque pode accederse ás súas funcións chave.
Os móbiles en concreto son os HTC ChaCha e HTC Salsa, que funcionan con Android
2.3.3 e a última iteración de HTC Sense para a súa integración con Facebook, de
xeito que, por exemplo, ao realizar ou recibir unha chamada telefónica, podemos
ver a última actualización de estado e as últimas fotografÃas do amigo co que
queremos falar e incluso poderemos saber se está próxima a celebración do seu
aniversario. Estes terminais tamén contan con distintos widgets de Facebook
para personalizar os seus escritorios.
- O HTC ChaCha incorpora un teclado QWERTY e o novo botón para acceder a Facebook
O HTC Salsa é
un terminal con pantalla táctil de 3,4 polgadas cunha resolución de 320 x 480
pÃxeles, procesador a 600 MHz, 512 Mb de RAM, 512 Mb de almacenamento ampliable
mediante tarxetas microSD, cámara traseira de 5 MpÃxeles con enfoque automático
e flash LED e cámara frontal VGA para videoxhamadas, Wi-Fi, GPS, Bluetooth,
compás dixital, xiroscopio, conector microUSB, toma para auriculares, baterÃa
de 1.520 mAh, unhas dimensións de 109,1 x 59,9 x 12,3 milÃmetros e un peso de
120 gramos.
O HTC ChaCha
muda de formato, e preséntase coma un terminal de tipo barra con teclado QWERTY
(la liña dos móbiles de BlackBerry), conta cunha pantalla táctil de 2,6
polgadas cunha resolución de 480 x 320 pÃxeles e coincide en prestación co seu
irmán o HTC Salsa, agás pola súa baterÃa (de só 1.250 mAh) e as súas dimensións
(114,4 x 64,6 x 10,7 milÃmetros).
Estes novos móbiles estarán
dispoñibles en Europa a partir do segundo trimestre do ano, prometendo un prezo
moi competitivo.